14.9.08

ZORA GABBARA - Songs for Jubal (2008)

Podes baixar un Zip de 34 Mb cos cinco temas de Songs for Jubal en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns:

  1. Desire
  2. The Honey Waltz
  3. The Good Shadow and the Shell
  4. Dear Trust Co
  5. Months of Marilyn

Capa do CD

Zora Gabbara nace como grupo no ano 2007 en Ribadeo (Lugo), cando Héctor Peña e Miguel Ánxo Fernández, cantante e baixista respectivamente do grupo de hard rock Beetle Judge deciden comezar unha nova aventura, dando vida a ideas e cancións, principalmente no formato acústico, que pouco se asemellaban aos temas de rock duro da súa banda nai.

Contacto: 677636595 (Miguel) / 655339911 (Freak)

Mail: zora_gabbara@hotmail.es

Myspace: www.myspace.com/zoragabbara


9.9.08

HANOM AUSSE - Metembistte (2008)

Podes baixar un Zip de 54 MB cos nove temas do Metembistte de Hanom Ausse en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Memory Click
  2. Mencersismo
  3. Levan sendas disciplinadas
  4. Santa Lilaila
  5. Todo estará ben por sempre, non é?
  6. A durmir pequenas víboras
  7. Mala vida
  8. O medo é libre
  9. Himno #1

Capa do CD

"Metembistte foi xestado no inverno e na primavera do 2008. Ía ser un disco escuro e xélido, pero quedou a medio camiño, entre as ráfagas atroadoras da execución dun mencer sísmico e a oración nocturna dos grilos eléctricos. Non é un disco conceptual, mais o parece"

"hanom ausse é un proxecto punk, na acepción de faino ti mesmo, ao teu xeito. Non hai obxetivos nen búsqueda, só o pracer de xuntar pezas nun puzzle sen enmarcación: repetición, erro, aburrimento e desafinación. Como di a rapaza ao final de 'd.r.i.m.i.n.': one of those sleepy daydreams. As influencias? Hood, Piano Magic, Low, The Cure, Savoy Grand, Dj Shadow, Matt Elliott e un longo, longo etc... pero as influencias non sempre resultan evidentes, explícitas (de feito nunca deberan selo)" ,

Contacto: hanomausse@hotmail.com

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados