"CUDEVASO fórmase a principios de 2008 como vía de escape a outros proxectos paralelos dos seus integrantes. A primeira aparición pública fana na 2ª edición do Stroszek Ballroom, festival itinerante e subterráneo que se realiza principalmente en pisos particulares, que nesa ocasión estaba emprazado na planta 19 dun edificio en Riazor. Acompánhano nesta tolería os grupos de punk e rock & roll CREATIVOS CERO e MEGALOVES e esta data convírtese no punto de partida dun proxecto de disco que se comeza a forxar entre os seus integrantes: W (Telephones Rouges, JIJIJI), 18% (Telephones Rouges) e Fbas.
Logo de deixar aparcado o grupo por distintos motivos, a mediados de decembro de 2008, decídense a gravar o seu primeiro EP que se chamará como unha das súas cancións máis conhecidas: "Tryin' to fuck you!" e será editado físicamente en outubro do 2009 polo selo madrileño Fater Disks (http://www.myspace.com/faterdisks) e nos Estados Unidos polo selo Neon Aztec (http://www.myspace.com/neonaztec). A gravación comeza en xaneiro do 2009 no estudo caseiro de W e remata en maio do mesmo ano con problemas entre os integrantes, pero con 10 temas gravados e un videoclip encargado a Rubén Domínguez."
A Regueifa Plataforma é un netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra libremente baixo licenza Copyleft. Non importa o que fagas (música, videocreación, fotografía, poesía, pintura, banda deseñada, cinema...) nen como o fagas, se é dixitalizábel e queres difundilo na Rede a través do noso netlabel simplemente escrébenos a info@aregueifa.net. Dentro do proxecto e coa fin de apoiar a difusión do indie en galego nasceu en 2007 A Regueifa Discos, un novidoso selo discográfico que ten coma particularidade a de editar baixo licenza Copyleft e sen ánimo de lucro, ficando os grupos e artistas co 100% das ganancias obtidas pola venda da súa música. A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a Creative Commons, permitindo copiar, distribuír e comunicar publicamente as obras e facer obras derivadas sempre que se cumpran as condicións especificadas na licenza.