20.2.09

YOPLAY - Killmymother (2009)

Podes baixar un Zip de 19 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

YOPLAY - Killmymother (2009).zip

  1. Femdom
  2. I find it hard
  3. I miss your voice
  4. Girl
  5. Wiass
  6. Camera

Capa do CD

BIO
Yoplay fórmanse no ano 2008 na comarca do Sar baixo a influenza de bandas coma Franz Ferdinand, The Strokes, Pixies, Joy Division, Stereolab, The Jesus & Mary Chain, PJ Harvey, Cansei de ser sexy ou Foals.

YOPLAY son:
Lois - Voz
Angel ( Pardal ) - Bateria
Carlos ( Charleti ) - Guitarra
Xacobe - Guitarra
Angel ( Angelito ) - Baixo e efectos
Nico - Baixo


Contacto: yoplay05@gmail.com
Myspace: www.myspace.com/yoplay

17.2.09

O MANDRIL NAS ONDAS - Antoloxia e-music (2009)


Podes baixar o libro electrónico en formato PDF coa seguinte ligazón:


ANTOLOXIA E-MUSIC
"EXPLOSIVA COLECCIÓN DE ESGARROS DO MANDRIL NAS ONDAS EMITIDOS DURANTE A SÚA ETAPA NO PROGRAMA ESPECIALIZADO EN MÚSICA ELECTRÓNICA E VANGARDA E-MUSIC DA CUAC-FM, PIONEIRO ABSOLUTO NA PRODUCCIÓN E DIFUSIÓN DO FORMATO PODCAST EN GALEGO."

Myspace: www.myspace.com/omandrilnasondas
Contacto:
zimmer103@hotmail.com

*capa do libro de Uxío Ictioscopio

2.2.09

XELIS DE TORO - Riofero (2009)


Podes baixar un Zip de 42 Mb con todos os mp3 ou os arquivos por separado coas seguintes ligazóns:




RIOFERO

Esta colección de textos sonoros, cancións e lecturas están inspirados na novela Riofero. A canción Camboño xa a fixera anteriormente e decidina incluir porque o tema ten relación con un dos subtemas do libro. O coro da canción é unha copla popular e o resto da letra escribina inspirándome na historia que deu orixe á copla. Tanto o material gráfico como os músicos que participaron no proxecto son persoas coas que colaboro habitualmente. A imaxe da cuberta do libro e do disco é do artista Jim Sanders, Jim forma parte do mesmo colectivo Boca2mouth e colaboramos habitualmente en performances multimedia; con Fran Pérez Narf colaboro cando vén a Inglaterra a tocar ademais de escribirlle letras para algunhas cancións, a finais dos anos 80 formamos parte da mesma banda Os Quinindiolas; Johnny Rabbs é un amigo e fantástico harmónicista amateur que toca habitualmente en bandas de blues; The vitamin B12 é un colectivo musical non doado de encasillar, pero poderíase definir como grupo de música improvisada. En sombras de río puxen a voz sobre unha das nosas sesións improvisadas. Ed Briggs toca en varias bandas, jazz e música improvisada e compón habitualmente as bandas sonoras para as performances de Boca2mouth. Quixen que esta selección de sons abranguise o espectro de estilos nos que levo traballando nos dous últimos anos. En conxunto forman unha especie de banda sonora que acompaña á novela.

Xelís de Toro, 2009


Web
da novela Riofero: http://laboratoro.net/riofero/
Contacto:
info@laboratoro.net



A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados