7.6.10

CUDEVASO - Cudevaso EP (2010)

Podes baixar un Zip de 15 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

CUDEVASO - Cudevaso EP (2010).zip

  1. Intro
  2. Chanchan
  3. Abdul-Jabbar
  4. Turismo Occidental
  5. Mirando pa Burgos
  6. Xabarín


"CUDEVASO EP o desenfadado segundo traballo homónimo de CUDEVASO, refundada con novos membros que viñan de distintos proxectos musicais, tan diferentes e á vez tan afíns. A súa música é difícil de catalogar, e as súas influenzas, difíceis de descifrar. Letras absurdas e sen sentido, guitarras ruidosas e estridentes sen descanso e un Farfisa chirriante son o método da banda con base no Milladoiro."

Este traballo foi gravado nos estudios Abrigueiro (Friol) nun domingo de Marzo de 2010.

http://www.myspace.com/cudevaso


3.6.10

Anda-lh'à Lus - Veço Açesso (2010)

Podes baixar un Zip de 69 Mb co disco enteiro en mp3 coa seguinte ligazón:


Anda-lh'à Lus - Veço Açesso (2010)

"Anda-lh'à Lus é andar aceso no intre exacto. Iso mesmo é. A idea orixinal xurdiu no verán pasado, no 2009, cousa que agromou e medrou no mes de outubro logo dun encontro en Madride. Os sons de arredore son os protagonistas das luzadas que compoñen a iluminación das ideas. Sons do ambiente e verbas nativas sen aparente senso antre elas, fican esconxuntadas e xunguidas. A escena presencial ou lugar é a mesma fonte inspiradora que dá a enerxía para acender o cadro de luces que compón e debulla o entrenzado sonoro. Deixarse inspirar e aproveitar a luz das ideas xera un tecido que muda deica unha tea polo vieiro do veço. Teas desomellantes e defincideiras que ambientan un espazo mouro, ruín, iluminando somentes o curruncho musical perciso e exauto. Sintetizadores analóxicos, instrumentación virtual e algunha guitarra bouran na al-Jaima do deserto das consciencias. Daille!"

Xabier do Anxeliño: Hardware, Software, guitarra e gaita.
Moncho de Lucas: Deseño, ambientación e voz.
Contacto: andalhalus@gmail.com

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados